Gratis
Para ti, para sempre.
Para sempre, sen tarxeta.
- 2 proxectos
- Dependencias «empeza cando remate…»
- Taboleiro, lista, calendario e mapa
- Sprints
- Ligazóns a Google Drive
- Aviso por correo cando unha tarefa se desbloquea
Todos os plans inclúen as dependencias, os sprints e todas as vistas. Pro e Equipo quitan os límites e engaden máis cousas.
Para ti, para sempre.
Para sempre, sen tarxeta.
Todo, sen límites, por menos ca un café.
Ou 29 € ao ano (aforras un 19 %)
Prezo fixo por conta. Sen pagar por persoa.
Ou 89 € ao ano (aforras un 18 %)
Prezos con IVE. Cobro seguro a través de Cifrago. Sen permanencia.
Desbloquéanse soas no momento en que marcas a anterior como feita, aparecen en «O seguinte» e avisámoste. Se unha tarefa esperaba por varias, desbloquéase cando remata a última. E se reabres a anterior, volve bloquearse.
Si. O plan Gratis é para sempre e non pide tarxeta: 2 proxectos, ata 60 tarefas abertas e todas as vistas, incluídas as dependencias, os sprints e o mapa. Ademais podes probar a demo sen crear conta.
Gratis: 2 proxectos activos, 60 tarefas abertas á vez e só ti. Pro: proxectos e tarefas sen límite e ata 5 persoas ás que asignar tarefas. Equipo: o mesmo ca Pro, sen límite de persoas; proximamente, tamén proxectos compartidos. As tarefas feitas non contan.
Pegas a ligazón dun documento, unha folla ou un cartafol na tarefa e tokidu recoñécea como Drive e amósaa coa súa icona. Non pedimos acceso ao teu Drive nin copiamos ficheiros: só gardamos a ligazón. En Pro e Equipo podes fixar ademais un cartafol de Drive por proxecto.
En Gratis traballas só. En Pro podes asignar tarefas a ata 5 persoas. Con Equipo poderás axiña compartir proxectos con outras contas, decidir quen pode editar e ver o historial de cambios, cun prezo fixo en vez de pagar por persoa.
Desde «Conta», cun clic e sen permanencia. Mantés o plan ata o final do período que xa pagaches e despois a conta pasa a Gratis. Non borramos nada: os teus proxectos e tarefas seguen aí.