O seguinte
Unha vista con só o que podes facer agora. O que está bloqueado non aparece, así que non hai que filtrar nin decidir.
Proxectos, sprints e dependencias
Di que unha tarefa empeza cando remate outra. Mentres tanto queda bloqueada sen facer ruído; ao rematar a anterior, desbloquéase, avísate e aparece en «O seguinte». Ti só ves o que podes facer agora.
Sen tarxeta. A demo funciona sen conta e garda os datos só no teu navegador.
Taboleiro, lista, calendario e sprints como en calquera xestor. E por riba, tarefas que saben esperar e avance por proxecto e por sprint.
Unha vista con só o que podes facer agora. O que está bloqueado non aparece, así que non hai que filtrar nin decidir.
Encadea tarefas entre si, mesmo entre proxectos. Cando a anterior se marca como feita, a seguinte desbloquéase e avísate.
Tres formas de ver o mesmo. Arrastra unha tarxeta entre columnas ou sóltaa nun día do calendario.
A cadea completa dunha ollada: que espera por que, onde se atasca e que se desbloquea ao rematar cada tarefa.
Agrupa o traballo por semanas ou quincenas. Ao pechar un sprint, o que quedou pendente pasa ao seguinte sen mover nada a man.
Pega ligazóns a documentos, follas ou cartafoles de Drive en cada tarefa. Recoñécense sós e quedan a un clic.
Non hai que revisar cada mañá que se pode empezar: tokidu sábeo.
Escríbeas rápido, no proxecto e no sprint que toque. Data, responsable e ligazóns son opcionais.
Nunha tarefa, escolle empeza cando remate… e sinala a anterior. Queda bloqueada, sen ruído e fóra de «O seguinte».
Marca unha tarefa como feita. As que esperaban por ela desbloquéanse soas, avísante e «O seguinte» actualízase.
Empeza sen tarxeta e cambia de plan cando o necesites.
Para ti, para sempre.
Para sempre, sen tarxeta.
Todo, sen límites, por menos ca un café.
Ou 29 € ao ano (aforras un 19 %)
Prezo fixo por conta. Sen pagar por persoa.
Ou 89 € ao ano (aforras un 18 %)
Prezos con IVE. Cobro seguro a través de Cifrago. Sen permanencia.
Desbloquéanse soas no momento en que marcas a anterior como feita, aparecen en «O seguinte» e avisámoste. Se unha tarefa esperaba por varias, desbloquéase cando remata a última. E se reabres a anterior, volve bloquearse.
Si. O plan Gratis é para sempre e non pide tarxeta: 2 proxectos, ata 60 tarefas abertas e todas as vistas, incluídas as dependencias, os sprints e o mapa. Ademais podes probar a demo sen crear conta.
Gratis: 2 proxectos activos, 60 tarefas abertas á vez e só ti. Pro: proxectos e tarefas sen límite e ata 5 persoas ás que asignar tarefas. Equipo: o mesmo ca Pro, sen límite de persoas; proximamente, tamén proxectos compartidos. As tarefas feitas non contan.
Pegas a ligazón dun documento, unha folla ou un cartafol na tarefa e tokidu recoñécea como Drive e amósaa coa súa icona. Non pedimos acceso ao teu Drive nin copiamos ficheiros: só gardamos a ligazón. En Pro e Equipo podes fixar ademais un cartafol de Drive por proxecto.
En Gratis traballas só. En Pro podes asignar tarefas a ata 5 persoas. Con Equipo poderás axiña compartir proxectos con outras contas, decidir quen pode editar e ver o historial de cambios, cun prezo fixo en vez de pagar por persoa.
Desde «Conta», cun clic e sen permanencia. Mantés o plan ata o final do período que xa pagaches e despois a conta pasa a Gratis. Non borramos nada: os teus proxectos e tarefas seguen aí.
Próbao con datos de exemplo ou crea a túa conta gratis.